Wednesday 15 de May de 2024

O Concello de Padrón aposta polo consumo da cultura nun entorno seguro


A concellería de Cultura presenta un programa de outono moi completo de actividades para todo tipo de públicos e cun estrito protocolo de medidas hixiénico-sanitarias

Nas vindeiras semanas, o Concello de Padrón fará unha ampla aposta pola cultura cun programa que comezará o día 30 de outubro ás 19:00 horas coa protección de ‘Eroski Paraíso’ do Grupo Chévere no Auditorio Municipal de Padrón. No mesmo espazo terán lugar todas as actividades planeadas para as seguintes fins de semana. O sábado 31 de outubro tamén ás 19:00 horas Culturactiva presenta ‘Papar sen cancelas’. O venres 13 de novembro ás 19:00 horas a agrupación Cantigas e Agarimos presenta o seu espectáculo ‘Danza 3’. O sábado 14 de novembro ás 19:00 horas, Talía Teatro presenta ‘A primeira vez’. O domingo 15 Babaluva Teatro pon en escea ‘Minia convídate a xogar’. O venres 20 Xalope Túlu súbese ao escenario para representar ‘Arrieira’, o sábado 21 a banda municipal ofrecerá o ‘Concerto de Santa Icía’. Redrum Teatro presenta ‘Invisibles’ o venres 27 e ‘Idiota’ o 5 de decembro, e Teatro del Andamio trae ‘O Ferro’ o 28 de novembro.
Con esta ampla proposta cultural o Concello de Padrón non só pon en valor a cultura senon que tamén aposta por desfrutar do arte, do cine, da música e do teatro nun entorno seguro. As condicións e as medidas hixiénico-sanitarias establecidas pola organización son moi estritas, tanto é así que o aforo xa está limitado ao 35% da capacidad do auditorio. Se ben, o certo é que toda a programación pode variar en función da evolución da situación epidemiolóxica e das indicacións das autoridades sanitarias.
A concelleira de Cultura e Turismo, Lorena Couso, reivindicou a necesidade de “seguir facendo propostas de ocio para a sociedade, ao mesmo tempo, que se apoia a todos os sectores e se impulsa a súa actividade”. “Para nós é un orgullo presentar un programa tan completo que se desenvolverá nun entorno seguro marcado por estritos protocolos sanitarios”, incidiu a concelleira.